
O Graduado Social é un asesor xurídico en materia social-laboral. Experto en Relacións Laborais, Socioloxía e Recursos Humanos, Laboralista, Consultor en Dereito Laboral e da Seguridade Social, así como en materia de prevención de riscos Laborais e perito en Dereito Social.
É unha das tres profesións xurídicas existentes en España, xunto coa de avogado e procurador, lexitimadas para a intervención en procesos xudiciais, pero limitados a área do Dereito laboral e da Seguridade Social.