Deberán colexiarse nesta modalidade todos aqueles profesionais graduados/as sociais que se dedican a asesorar, xestionar tramitar e representar a terceiros (xa sexan particulares ou empresas) ante os diferentes Organismos. O marco no que se desenvolven as súa funcións pode adoptar a forma de Persoa Física ou a de Persoa Xurídica, cando se trata dunha Sociedade Profesional.
Cuota Mensual | Incorporación |
---|---|
42,48 € | 193,23 € |
Encadraranse nesta modalidade os/as graduados/as sociais que están desenvolvendo as súas funcións profesionais nunha soa empresa, realizando as tarefas ou xestións propias da súa profesión dentro do Departamento de Recursos Humanos da mesma.
Cuota Mensual | Incorporación |
---|---|
28,32 € | 126,02 € |
Os/as graduados/as sociais que no momento da súa colexiación non exercen ningunha actividade propia da profesión de graduado/a social, pero que non obstante desexan estar colexiados/as, poderán face-lo nesta modalidade, podendo disfrutar dos servizos do Colexio como son: cursos e seminarios, publicacións, etc.
Cuota Mensual | Incorporación |
---|---|
14,16 € | 83,31 € |
Alumnos/as da Facultadede Ciencias Xurídicase do Traballo matriculados no título de Graduado/a en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Esta modalidade ten como finalidade a introdución do futuro Graduado/a no colectivo profesional no que debe integrarse ao finalizaros seus estudios. A pre-colexiación permitiralle obter o carné de pre colexiado/a con validez ata o final do curso académico, acceder ao servizos nas mesmas condicións que os/as colexiados/as: actividades de formación, información das diferentes actividades do Colexio, bolsa de traballo, recibir os boletíns diarios e circulares e o acceso aos servizos web de uso restrinxido mediante unhas claves persoais.
En ningún caso se recoñecerán dereitos de sufraxio, activo ou pasivo; nin facultará de ningún modo para o exercicio profesional. A pre colexiación estará vixente dende a data da súa aceptación pola Xunta de Goberno deste Colexio Oficial ata o final do curso académico en vigor debendo renovarse cada curso académico.
Deberá entregar a seguinte documentación no Colexio de Graduados/as Sociais de Pontevedra
EXERCENTE LIBRES DA PROFESIÓN POR CONTA PROPIA
EXERCENTE DA PROFESIÓN POR CONTA ALLEA
NON EXERCENTE
Unha vez aprobada a súa solicitude de ingreso no Colexio, se lle confeccionará un carné colexial en formato PVC con foto, nome e apelidos, número de DNI, número de colexiado/a, tipo de colexiación e data de alta. (Custe 0€)
Para os EXERCENTES LIBRES, existe a posibilidade de confeccionar CARNÉ COLEXIAL (tarxeta criptográfica), co deseño corporativo homoxéneo en todos os Colexios Provinciais, aprobado en Pleno do Consello Xeral.
O citado carné o expide a FNMT o cal se lle incorporou un chip para os servizos propios da certificación electrónica, é dicir, este carné servirá para facer aquelas tramitacións que cada día son máis frecuentes coas diferentes administracións do Estado, (incluído co Ministerio de Justicia–LEXNET), tendo por tanto o colexiado/a a necesidadede descargarse en dito carné uns certificados que nos proporciona a Fábrica de Moneda y Timbre que certificaran a identidade e a tramitación segura de documentación.
Neste caso a foto terá que ter un tamaño en píxeles 224X295; Resolución 300 ppp, formato JPG estándar, (normaseformato da FNMT). PREZO: 25€