C/. Alfonso X O Sabio, nº. 3-1º - 36211 VIGO
Tfno.: 986.20.09.18
e-mail. cograsop@telefonica.net
www.cograsop.com
FOLLA DE ENCARGO DE SERVIZOS PROFESIONAIS
1.- Identificación do cliente.
Nome ou Denominación Social:
DNI ou NIF:
Enderezo:
Teléfono:
Dirección de correo electrónico:
2.- Identificación do profesional prestador do servizo, a tódolos efectos, incluídos contacto e reclamacións.
Nome ou Denominación Social:
DNI ou NIF:
Enderezo:
Teléfono:
Dirección de correo electrónico:
No caso de tratarse de varios profesionais, deben indicarse os datos de todos eles. Si se trata dunha Sociedade Profesional, farase constar a forma e réxime xurídico da mesma,
inscrición rexistral e colexial e datos de identificación e de contacto e comunicación do concreto profesional que se responsabiliza do encargo fronte o cliente.
3.- Datos do Colexio Profesional –Autoridade competente- a tódolos efectos, incluídos os de información e, no seu caso, reclamacións do cliente ou usuario.
Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
4.- Obxecto do encargo.
(Deberase precisar cal é o asunto encomendado ou, no seu caso, si se trata dunha prestación de servizos continuada no tempo, en relación cunha concreta actividade, por exemplo, declaracións e modelos de Seguridade Social u outras.
Se o cliente entrega documentación, haberá de relacionarse a mesma. Se existe información ou documentación requirida polo profesional e non entregada polo cliente, farase constar, relacionando a información ou documentación de que se trate).
O Graduado Social actuante realizará o encargo con arranxo o seu leal saber e entender profesional, sen garantir o resultado positivo da súa intervención.
Facultase expresamente ó Graduado Social actuante para que, en nome e representación do subscritor desta Folla de Encargo, poida recibir notificacións por medio telemático da Tesourería Xeral da Seguridade Social, a cuxo fin atribuirá a correspondente representación,
en documento independente, para a súa presentación ante a citada entidade. A atribución de dita facultade de representación obriga o poderante a asumir como notificadas a súa persoa tódalas resolucións que se trasladen por ese medio o Graduado Social que o representa.
O poderante obrigase a recibir persoalmente, con independencia do apoderamento concedido ó Graduado Social interveniente, tódalas notificacións procedentes da TGSS dirixidas ó mesmo, eximindo de toda responsabilidade ó Graduado Social pola eventual falta de atención ó contido
de ditas notificacións cuxa responsabilidade é exclusiva do poderante, sen prexuízo do asesoramento que eventualmente poda solicitar do Graduado Social actuante ó efecto de atender ós requirimentos ou resolucións contidos en tales notificacións
5.- Profesión regulada.
Titulación: Graduado Social (no seu caso, as novas titulacións creadas no marco do Espazo Europeo).
Estado membro: España (no seu caso, o Estado membro de orixe do profesional comunitario).
Colexio Profesional: Ilustre Colexio Oficial de Graduados de Pontevedra.
Lexislación aplicable: Real Decreto Lexislativo 1/2007, Texto Refundido da Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios;
Lei 3/1.991, de 10 de xaneiro, sobre competencia desleal; Lei 15/2007, de 3 de xullo, da competencia; Leis 17/2009 e 25/2009; Lei 2/1974,
estatal de Colexios profesionais e Lei Autonómica correspondente; Lei Orgánica do Poder Xudicial; Lei de Procedemento Laboral; Texto Refundido da Lexislación de Seguridade Social e normas complementarias.
6.- Prezo do servizo.
Deberá, si é posible, determinarse o prezo do servizo xa se trate de prezo por encargo concreto ou ben honorarios periódicos pola relación de servizo continuada; ou, no seu defecto, establecer un presuposto,
sexa pechado ou estimativo, deixando constancia no último caso dos factores determinantes do prezo total e reflectindo en todo caso tanto si se percibe unha provisión de fondos como os prazos de pago total ou parciais.
Farase constar igualmente se o prezo ou presuposto inclúen o I.V.A. correspondente o servizo
Indique o prezo do servizo:
7.- Seguro de Responsabilidade Civil.
No seu caso, farase constar: nome da entidade aseguradora; número de póliza; importe da cobertura contratada e ámbito territorial do seguro
Entidade aseguradora:
Número de póliza:
Importe da cobertura:
Ámbito territorial:
8.- Dereito de desestimento do contrato.
No caso de que o cliente desexe resolver o contrato de prestación de servizos, deberá avisar o profesional con quince días de antelación, vindo obrigado o cliente o pago dos honorarios correspondentes ós traballos realizados ata a data.
De ser o profesional o que desexe resolver o contrato, deberá igualmente comunicalo o cliente con quince días de antelación, vindo aquel obrigado a entregala documentación que en tal caso proceda e prestar o cliente a asistencia precisa
durante o prazo dun mes dende o preaviso, en tanto o cliente non designe outro profesional
9.- Conflitos entre cliente e profesional.
No caso de conflito, o cliente e tamén o profesional poderán dirixirse o Servizo de Atención ós Colexiados e Consumidores e Usuarios do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra,
ben o domicilio ou á dirección de correo electrónico ou páxina web de dito Colexio.
Polos mesmos medios, estarán dispoñibles as normas deontolóxicas ou códigos de conduta do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.
10.- Lingua e lugar de entrega da información.
O cliente recoñece haber recibido toda a información prevista nos artigos 22 e 23 da lei 17/2009, de 23 de novembro.
Entregouse esa información en galego e no lugar da firma do presente documento (ou, no seu caso, mediante correo electrónico á
dirección )
11.- Protección de datos.
De acordo co establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos, e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de Abril de 2016,
relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e aplicable a partir do 25 de maio de 2018 o Contratante do servizo
queda informado e acepta a incorporación dos seus datos os ficheiros automatizados existentes na asesoría do profesional contratado, que se poderá conservar na mesma con carácter confidencial,
sen prexuízo do exercicio de dereito de supresión polos interesados, deberán dirixirse para elo á dirección... ou o email...
Redáctase o presente documento en galego (e, no seu caso, en outra lingua se procedera).
En proba de conformidade, asina o presente documento en triplicado exemplar,
En , a
de
de
20