O preámbulo da lei, a transparencia, o acceso á información pública, e as normas de bo goberno deben ser os eixes fundamentais de toda acción política. De xeito que, só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os/as cidadáns/ás poden coñecer cómo se toman as decisións que lles afectan, cómo se manexan os fondos públicos ou baixo qué criterios actúan as nosas institucións podemos falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, exixente e que demanda participación dos poderes públicos.
Con este fin foi aprobada a Lei 19/2013 de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTAIBG), norma que ten un triplo alcance: incrementa e reforza a transparencia na actividade pública- que articula a través de obrigas de publicidade activa para tódalas Administracións e entidades públicas- recoñece e garante o acceso á información-regulado como un dereito de amplo ámbito subxectivo e obxectivo- e establece as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos así como as consecuencias xurídicas derivadas do seu incumprimento – o que se converte nunha exixencia de responsabilidade para todos os que desenvolven actividades de relevancia pública.
A Lei 19/2013 de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTBG), no ámbito concreto das Corporacións de Dereito Público (Art. 2 apartado e), ten por fin ampliar e reforzar a transparencia da actividade suxeita a dereito administrativo e garantir o dereito de acceso á información relativa a dita actividade.
Tódalas Administracións Públicas, entidades do sector público, órganos constitucionais (incluída a Casa da súa Maxestade o Rei) e os seus equivalentes a nivel autonómico, así como Fundacións do Sector Público, Asociacións constituídas por Administracións Públicas ou Sociedades Mercantís con participación pública maioritaria, a Corporacións de Dereito Público, no relativo as súas actividades suxeitas a Dereito Administrativo, están obrigadas a cumprir a Lei de Transparencia. É dicir, deben publicar a información que a Lei menciona e, ademais, responder ás solicitudes de información que se presenten.
O Colexio Oficial de Graduados/as Sociais de Pontevedra pon en marcha o seu Portal de Transparencia onde poderán encontrar a información máis relevante e detallada que se entende necesaria para impulsar o desenvolvemento dunha cultura de transparencia no ámbito das profesións, e, especialmente, garantir a adecuación deste Colexio ao cumprimento das obrigacións establecidas na propia Lei 19/2013, de 9 de decembro de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
O Colexio é unha corporación de Dereito Público, con natureza xurídica mixta, respondendo a unha dobre vertente intrínseca a nosa esencia: Velar simultaneamente polos intereses dos/das colexiados/as e da profesión, así como polos intereses dos consumidores e usuarios dos servizos prestados polos/as colexiados/as.
Queremos con esta decisión fomentar o cambio cultural, consolidando un novo modelo de gobernanza no cal os datos e a información son propiedade dos/as cidadáns/ás e nosa entidade se converte en mera depositaria e suxeito obrigado/a a suministrala.
Estamos seguros que con elo axudamos a establecer a confianza como valor fundamental a recuperar e fortalecer dentro dunha sociedade que ha sido duramente golpeada nos últimos tempos polas continuas noticias de corrupción.
Os contidos deste portal están dirixidos ao Graduado/a Social e aos/ás cidadáns/ás que desexen obter información relativa ao Colexio.
As corporacións de dereito público deberemos responder ás solicitudes que de acceso á información que nos presenten sempre que se trate de información que elaboraron ou obtido no exercicio das súas funcións públicas.
Deberase recibir, tramitar e responder as solicitudes que se reciban de acordo ao disposto na LTAIBG 8 artigos 17 e seguintes).
A información de este portal de transparencia esta revisada a marzo de 2024