Gallegogl
Gallegogl
Aceso de usuarios
Aceso de usuarios
Contidos da web
Área de usuarios

Información Institucional

Funcións

O Colexio Oficial de Graduados/as Sociais de Pontevedra rexerase polas disposicións legais autonómicas ou estatais que lle afecten; polos seus estatutos, o do correspondente ao Consello de Colexios da Comunidade Autónoma de Galicia; os seus estatutos particulares; e polos regulamentos e acordos aprobados polos diferentes órganos corporativos no ámbito das súas respectivas competencias.

Serán funcións propias do Colexio as seguintes:

  1. Ordenar, no ámbito da súa competencia, a actividade profesional dos/as colexiados/as, velando pola ética e a dignidade profesional e polo respecto debido aos dereitos dos/as particulares, e exercer a facultade disciplinaria na orde profesional e colexial.
  2. Desempeñar a representación e defensa da profesión ante a Administración, institucións, xulgados e tribunais, entidades e particulares, con lexitimación para ser parte en cantos litixios afecten os intereses profesionais, e exercer o dereito de petición, conforme a lei.
  3. Cumprir e facerlles cumprir aos/as colexiados/as as leis e os estatutos profesionais, así como as normas e decisións adoptadas polos órganos colexiais en materia da súa competencia.
  4. Promover a organización dun sistema de asistencia que permita contar cos servizos dun/ha graduado/a social por parte dos que carezan de recursos económicos para sufragalos.
  5. Emitir informe sobre os anteproxectos de disposicións de carácter xeral que se refiran ás condicións de exercicio da profesión, entre as cales figuran o ámbito, os títulos oficiais requiridos e o réxime de incompatibilidades con outras profesións.
  6. Participar, cando así estea establecido por normas legais ou regulamentarias, nos consellos e órganos consultivos das distintas administracións públicas en materia de competencia da profesión do/a graduado/a social.
  7. Estar representados nos padroados e consellos sociais universitarios radicados no ámbito territorial do colexio sempre que así estea previsto na correspondente lexislación autonómica en materia de universidades.
  8. Participar na elaboración dos plans de estudo e informar das normas de organización dos centros docentes correspondentes á profesión de graduado/a social; manter contacto permanente con estes e preparar a información necesaria para facilitar o acceso ao exercicio profesional dos/as novos/as colexiados/as.
  9. Organizar actividades e servizos comúns de interese para os/as colexiados/as, de carácter profesional, formativo, cultural, asistencia e de previsión, e outros análogos; prover o sostemento económico cos medios necesarios e organizar, de ser o caso, cursos para a formación profesional dos/as posgraduados/as.
  10. Procurar a harmonía e colaboración entre os/as colexiados/as impedindo a competencia desleal entre estes.
  11. Exercer as accións que as leis establecen para a represión do intrusismo profesional.
  12. Intervir, en vía de conciliación ou arbitraxe, nas cuestións que, por motivos profesionais, se susciten entre os/as colexiados/as.
  13. Resolver por laudo, por instancia das partes interesadas, as discrepancias que poidan xurdir sobre o cumprimento das obrigas dimanantes dos traballos realizados polos/as colexiados/as no exercicio da profesión.
  14. Servir de vía de participación orgánica nas tarefas de interese xeral de acordo coas leis.
  15. Exercer cantas funcións lle sexan encomendadas pola Administración e colaborar con esta mediante a realización de estudos, emisión de informes, elaboración de estatísticas e outras actividades relacionadas cos seus fins que lle poidan ser encomendadas ou que acorde realizar por propia iniciativa.
  16. Exercer a representación que establecen as leis para o cumprimento dos seus fins.
  17. Facilitar aos xulgados e tribunais a relación dos colexiados que puidesen ser requiridos ou designados para intervir como peritos en asuntos xudiciais.
  18. Visar os traballos profesionais dos/as colexiados/as de conformidade co que dispoña, de ser o caso, a lexislación correspondente.
  19. Cantas outras funcións redunden en beneficio dos intereses profesionais dos/as colexiados/as.
  20. As demais que veñan establecidas pola lexislación estatal ou pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Normativa

Comisións de traballo 

Memorias COGRASOP

Usamos cookies có obxetivo de mellorar a experiencia dos nosos visitantes. Visita a páxina de Política de cookies para coñecer máis detalles.
Aceptar
Rexeitar
Identificación
Introduza o seu email e contrasinal para identificarse
Olvidaches a túa contrasinal?
Cancelar
Identificación fallida
O nome de usuario ou contrasinal non se corresponden con ningún dos nosos usuarios rexistrados.
Identificación correcta
Benvido/a, [usuario]
Reserva
Do you need to check a reservation that you did without registering in our website? Don't worry, we have you covered: you only need to provide the email used to create it and the reservation code.
Cancelar
Reserva non atopada
We could not find the reservation you're looking for. Maybe you made a mistake writing your email or the reservation code, you can check them and try again.
Recuperar contrasinal
Para recoupara a contrasinal, introduce o teu número de colexiado no seguinte campo:
Cancelar
Recuperar contrasinal
Si o número de colexiado está rexistrado no noso sistema, recibirá na bandexa de entrada un correo electrónico con instrucción para recuperar a contrasinal.