Celebración Actos Solemnes Institucionais do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
O pasado venres día 26 de novembro, este Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra celebrou no Auditorio Sede Afundación de Vigo, os Solemnes Actos Institucionais 2021: Acto de Xura/Promesa de novos colexiados e colexiadas da promoción 2020 e da promoción 2021, entrega de distincións en recoñecemento ós 25 anos de colexiación e entrega de codeiras en recoñecemento os tres mellores expedientes académicos da promoción 2020 e da promoción 2021.
Constituíron a Mesa a Señora Vicepresidenta Primeira do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, Dª. Mercedes Vea Vázquez; o Ilustrísimo Señor Presidente de Honra do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, D. Eliseo Adolfo Sobrino Ríos; a Señora Vicedecana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, Dª. María Belén Fernández Docampo, madriña da promoción do ano 2021; o Ilustrísimo Señor Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, D. Francisco José Torres Pérez; a Señora Subdirectora Provincial de Xestión Recadatoria da TXSS, Dª. María del Carmen Gil Peña, madriña da promoción do ano 2020; a Señora Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia, Dª. Blanca García-Señoráns Álvarez e o Ilustrísimo Señor Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde. Un total de quince novos colexiados incorporáronse a esta Corporación Colexial prestando Xura ou Promesa ós estatutos e normas deontolóxicas, tal e como establece o art. 23 do Real Decreto 1415/2006 de un de decembro.
A continuación entregáronse as distincións los Colexiados que cumpriron os 25 años de exercicio profesional no ano 2020 e no 2021 e, as Codeiras de Bronce, Prata e Ouro ós tres mellores expedientes académicos da promoción de Grado en RR. LL. E RR. HH., promoción 2016-2020 e promoción 2017-2021 da Universidade de Vigo.
Os actos acudiron invitadas autoridades e representantes institucionais e representantes dos Colexios de Graduados Sociais de A Coruña e Ourense, así como Colexiados, ademais de familiares e amigos dos novos Colexiados e dos homenaxeados. Posteriormente celebrouse unha cea de confraternidade no Hotel NH Collection en Vigo.