XXXII XORNADAS TÉCNICAS "ACUMULACIÓN DE ACCIÓNS NO PROCESO LABORAL"
18-11-2025
0

O pasado xoves 13 de novembro, dentro da programación das Xornadas Técnicas, celebrouse o segundo dos relatorios, impartido por D. Alberto López Luengo, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social nº3 de Pontevedra que estivo acompañado por Dª. Mª Teresa González Rodríguez, Vocal da Xunta de Goberno e que actuou como moderador na xornada.
Lembrarvos que o vindeiro xoves día 20 de novembro impartirase a xornada sobre “A pluriactividade e pluriemprego” con inicio ás 18:00h. Enlace para inscribirse: https://forms.gle/rBjaBtrUhULcvR2C7
