Celebración Actos do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra no seu 40 Aniversario
VIDEO COMPLETO: CELEBRACIÓN ACTO DO ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE PONTEVEDRA NO SEU 40 ANIVERSARIO
O Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra celebrou o 29 de outubro un Acto Institucional con motivo do 40 Aniversario da súa creación.
Fíxose recoñecemento á creación do Colexio de Graduados Sociais de Galicia, que posteriormente deu lugar aos tres Colexios actuais, e unha homenaxe aos impulsores do Seminario de Estudios Sociais de Vigo e da posterior Escola Universitaria de Diplomados Graduados Sociais, hoxe Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo onde se gradúan as actuais promocións de novos compañeiros.
Asistiron ao Acto Institucional os Presidentes dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia, Asturias, León e Sevilla.
Acompañáronnos o Presidente e a Vicepresidenta do Consello Xeral de Colexios de Graduados Sociais de España, o Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, a Directora Xeral de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, o Decano dos Xulgados de Vigo e o Alcalde da cidade.
NOTA DE PRENSA DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS OFICIAIS DE GRADUADOS SOCIAIS DE ESPAÑA