22 de febreiro. Día Europeo da Igualdade Salarial
Dª. Elena Mancha, Directora Xeral de Relacións Laborais, Dª. Mercedes Vea, Vicepresidenta 1ª e D. Raúl E. Gómez , Presidente
Esta mañá, D. Raúl E. Gómez Villaverde, Presidente e Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta 1ª, asistiron ao acto de conmemoración do Día Europeo da Igualdade Salarial organizado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela.
No acto participou ademáis da consellería e representantes sindicais, universidades e colectivos profesionais; as empresas Coruñesa de Etiquetas SL (CORETI), Bodegas Martin Codax SAU e Hermanos Toimil García SL (GRÚAS TOIMIL) que fixeron unha exposición das boas prácticas que levan a cabo para romper coas discriminacións por razón de xénero.