ACTO ACADÉMICO DE GRADUACIÓN DA XIV PROMOCIÓN DO GRAO EN RRLL E RRHH 2022-2026

Acto Académico de Gradación da XIV Promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (2022-2026)
No salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrouse o Acto Académico de Gradación da XIV Promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (2022-2026).
O acto reuniu aos 41 estudantes que finalizaron os seus estudos, acompañados por familiares, profesorado e representantes institucionais. Nesta ocasión, foi nomeada madriña externa da promoción Dª María Cobas Rey, directora de Recursos Humanos e Relacións Laborais da área Sanitaria de Vigo, quen dirixiu unhas palabras aos graduados, felicitándoos pola culminación desta etapa e animándoos a afrontar con ilusión e compromiso o seu futuro profesional.
Así mesmo, interveu D. Raúl Gómez Villaverde, presidente do Colexio, quen trasladou os seus parabéns aos novos graduados e destacou a importancia da profesión e o papel que desempeñan os titulados en Relacións Laborais e Recursos Humanos no ámbito laboral e social. En representación do Colexio asistiron D. Raúl Gómez, Presente; Dª. Mercés Vexa, Vicepresidenta 1ª; Dª. Noemi Xordo, Secretaria e Dª. Ana de la Torre, Vogal non exercente.
Durante a cerimonia tamén se fixo entrega das distincións académicas do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como das distincións académicas do Programa Universitario para o Emprego e a Vida Autónoma, recoñecendo o esforzo, a dedicación e os méritos académicos dos estudantes
