ACTO DE XURA/PROMESA DA 72º PROMOCIÓN DA CARREIRA XUDICIAL
Raúl Gómez, Presidente do Colexio; asiste ao Acto de Xura ou Promesa da 72º Promoción da Carreira Xudicial celebrado o venres 23 de febreiro no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiu o acto solemne de xuramento ou promesa ante a Sala de Goberno das 14 xuízas destinadas a Galicia procedentes da 72ª Promoción da Carreira Xudicial. Durante a súa intervención, destacou que o 56 % dos integrantes da carreira xudicial son mulleres, unha porcentaxe que en Galicia ascende ao 61 %. “É, sen dúbida, o camiño adecuado, pola súa propia forza e natureza, para conseguir romper o teito de cristal existente, hoxe en día, nos cargos de goberno e prazas do Tribunal Supremo”, subliñou. Díaz-Castroverde tamén enumerou os “orzamentos indeclinables” aos que deberán atender as novas xuízas no exercicio da súa función: independencia, imparcialidade, integridade, empatía, humildade, talante, discreción, respecto e ilusión.