ACTO ACADÉMICO DE GRADUACIÓN DA X PROMOCIÓN DO GRADO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS DA FACULTADE CIENCIAS XURÍDICAS E DO TRABALLO DA UNIVERSIDADE DE VIGO
O Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra participou na cerimonia de Graduación de Grado en RR.LL. e RR. HH. da FACULTADE de Ciencias XURÍDICAS e do TRABALLO da UNIVERSIDADE de Vigo.
Acudiu en representación do Colexio D. Eliseo Adolfo Sobrino Ríos, Presidente de honra; Dª. Sandra Cid Conde, Vicepresidenta 2ª e Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta 1ª; que interveu no acto académico facendo chegar a súa felicitación ás novas incorporacións á profesión, desexándolles o maior dos éxitos no seu futuro profesional.
Nesta ocasión, D. Germán Serrano Espinosa, Maxistrado Decano dos Xuíces e Xuízas de Vigo, foi o padriño externo da promoción, e D. Jacinto Lareo Jiménez, profesor de Dereito Administrativo e padriño interno.
O acto foi inaugurado polo Sr. Alcalde de Vigo D. Abel Caballero Álvarez e presidido pola Vicedecana e coordinadora de Grado de RRLL e RRHH e profesora de Dereito do TRABALLO da FACULTADE, Dª. Belén Fernández Docampo e por D. Francisco José Torres Pérez, Decano da FACULTADE de Ciencias XURÍDICAS e do TRABALLO.