Gallegogl
Gallegogl
Aceso de usuarios
Aceso de usuarios
Contidos da web
Área de usuarios

Novas

ACTOS SOLEMNES INSTITUCIONAIS GRADUADOS/AS SOCIAIS DE PONTEVEDRA

23-11-2022
0
ACTOS SOLEMNES INSTITUCIONAIS GRADUADOS/AS SOCIAIS DE PONTEVEDRA

Vigo, 18 de novembro de 2022.- No Auditorio da sede en Vigo de Afundación, celebráronse os Actos Solemnes de Xura/Promesa das novas persoas colexiadas e incorporadas este ano; recoñecemento e entrega de distincións colexiais aos compañeiros e compañeiras que levan colexiados/as 25 anos e a entrega das Coderas de Bronce, Prata e Ouro, ás tres persoas con mellores expedientes académicos da promoción 2018/2022 de Grado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo-Universidade de Vigo.

A secretaria dende o atril, saúda e da a benvida ás persoas que compoñen a mesa presidencial, autoridades, ás persoas distinguidas, invitados e invitadas así como ao colectivo convocado presente no Auditorio.

Mesa presidencial de esquerda a dereita: D. Eliseo Adolfo Sobrino Ríos, Presidente de Honra do Colexio; D. Germán Mª. Serrano Espìnosa, Decano dos Xulgados de Vigo; D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente do Colexio; Dª. Mª. Teresa Conde-Pumpido Tourón, Maxistrada da Sala do Social do TSXG; D. Francisco J. Torres Pérez, Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta 1ª. do Colexio.

Toma a palabra o Presidente do Colexio, D. Raúl para a apertura dos Actos Solemnes, dando paso ás intervencións do Decano dos Xulgados de Vigo e o Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, que tiveron palabras de felicitación para as novas persoas Graduados/as Sociales e para as mozas con mellores expedientes polo seu tesón e esforzo. Tamén aos compañeiros e compañeiras que recibiron as distincións polos seus 25 anos de colexiación ininterrompida, pola labor desenvolvida en todos estes anos.

    

PROCEDEUSE AO ACTO SOLEMNE DE XURA/PROMESA contando coa presencia da Maxistrada da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ilma. Sra. Dª. Mª. Teresa Conde-Pumpido Tourón como MADRIÑA da nova promoción 2022 de colexiados/as, dedicándolles unhas cariñosas palabras de benvida, sendo a encargada da clausura dos Actos.

  

D. FERNANDO ALFAYA VILLAR, Madriña Dª. Ana de la Torre Álvarez

Dª BEGOÑA CARBAJAL MARTÍNEZ, Madriña Dª. Remedios Copa Sánchez

Dª. MARCELA PUENTE PRIETO, Madriña Dª. Belén Alonso Gallego

D.JESÚS REY RODRÍGUEZ, Madriña Mª. Dª. Isabel de Luis Fontenla

Dª. SONIA ROSENDE HERBELLO, Madriña Dª. Alicia Quintáns Iglesias

 

ENTREGA DAS DISTINCIÓNS COLEXIAIS AOS 25 ANOS DE COLEXIACIÓN

    

    

  1. D. JENARO LEANDRO DOMÍNGUEZ CARRERA
  2. Dª. ÁNGELA MARÍA GIRÁLDEZ GONZÁLEZ
  3. D. ALBERTO LUIS TORRES CALDAS
  4. Dª. YOLANDA BECEIRO SOTO
  5. Dª. SUSANA GARCÍA MOLDES
  6. D. CASIANO GONZÁLEZ MÍGUEZ

ENTREGA DAS CODEIRAS de Bronce, Prata e Ouro, aos tres mellores expedientes académicos da promoción 2018/2022 de Grado en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

    

Dª. MARIA PARDAVILA PAZ          Dª. AGLAE M. LÓPEZ MIRAMONTES                    Dª. BEGOÑA CARBAJAL MARTÍNEZ

Codeira de Bronce                       Codeira de Prata                                               Codeira de Ouro

Mesa presidencial, colexiados/as que xuraron/prometeron acompañados/as das súas madriñas, colexiados/as distinguidos/as, codeiras e integrantes da Xunta de Goberno

Posteriormente celebrouse unha cea de confraternidade no Hotel NH Collection en Vigo na que asistiron autoridades institucionais invitadas, as persoas distinguidas nos  Actos Solemnes e compañeiros da profesión. Ao comezo da Cea de confraternidade, D. Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo, visitou a tódolos asistentes e dedicou unhas palabras de enhoraboa ao colectivo, dando a benvida aos novos/as incorporados ao Colexio.

Usamos cookies có obxetivo de mellorar a experiencia dos nosos visitantes. Visita a páxina de Política de cookies para coñecer máis detalles.
Aceptar
Rexeitar
Identificación
Introduza o seu email e contrasinal para identificarse
Olvidaches a túa contrasinal?
Cancelar
Identificación fallida
O nome de usuario ou contrasinal non se corresponden con ningún dos nosos usuarios rexistrados.
Identificación correcta
Benvido/a, [usuario]
Reserva
Do you need to check a reservation that you did without registering in our website? Don't worry, we have you covered: you only need to provide the email used to create it and the reservation code.
Cancelar
Reserva non atopada
We could not find the reservation you're looking for. Maybe you made a mistake writing your email or the reservation code, you can check them and try again.
Recuperar contrasinal
Para recoupara a contrasinal, introduce o teu número de colexiado no seguinte campo:
Cancelar
Recuperar contrasinal
Si o número de colexiado está rexistrado no noso sistema, recibirá na bandexa de entrada un correo electrónico con instrucción para recuperar a contrasinal.