ACTOS SOLEMNES INSTITUCIONAIS GRADUADOS/AS SOCIAIS DE PONTEVEDRA 2023
Vigo, 24 de novembro de 2023.- Na Cidade da Xustiza de Vigo, celebráronse os Actos Solemnes de Xura/Promesa das novas persoas colexiadas e incorporadas este ano; recoñecemento e entrega de distincións colexiais aos compañeiros e compañeiras que levan colexiados/as 25 anos e a entrega das Coderas de Bronce, Prata e Ouro, ás tres persoas con mellores expedientes académicos da promoción 2019/2023 de Grado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo-Universidade de Vigo.
A secretaria, saúda e da a benvida ás persoas que compoñen a mesa presidencial, autoridades, ás persoas distinguidas, invitados e invitadas así como ao colectivo convocado presente na Sala nº1 da Cidadde da Xustiza.
Mesa presidencial de esquerda a dereita: D. Eliseo Adolfo Sobrino Ríos, Presidente de Honra do Colexio; D. Germán Mª. Serrano Espìnosa, Decano dos Xulgados de Vigo; D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente do Colexio; D. José Tronchoni Albert, Directo Xeral Xustiza de la Xunta de Galicia; D. Francisco J. Torres Pérez, Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta 1ª. do Colexio.
Toma a palabra o Presidente do Colexio, D. Raúl E. Gómez Villaverde para a apertura dos Actos Solemnes, dando paso ás intervencións do Decano dos Xulgados de Vigo e o Decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, que tiveron palabras de felicitación para as novas persoas Graduados/as Sociales e para as mozas con mellores expedientes polo seu tesón e esforzo. Tamén aos compañeiros e compañeiras que recibiron as distincións polos seus 25 anos de colexiación ininterrompida, pola labor desenvolvida en todos estes anos.
PROCEDEUSE AO ACTO SOLEMNE DE XURA/PROMESA contando coa presencia do Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Sr. D. José Tronchoni Albert como PADRIÑO da nova promoción 2023 de colexiados/as, dedicándolles unhas cariñosas palabras de benvida, sendo o encargado da clausura dos Actos.
Dª. MAYTE ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Madriña Dª. Ana de la Torre Álvarez
Dª. BEATRÍZ GRAÑA SALGADO, Padriño D. Jesús Enrique Molares Mora
Dª. AGLAE MATILDE LÓPEZ MIRAMONTES, Madriña Dª. Nuria Giráldez Villar
D. ISRAEL MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, Madriña Dª. María Isabel De Luis Fontenla
D. IVÁN OUBIÑA AROSA, Madriña Dª. Begoña Carbajal Martínez
Dª. SUSANA TATO PAMPIN, Padriño D. José Puentes Rodríguez
Dª. MARÍA OLIMPIA TERZADO CARRILLO, Padriño D. José Ángel Seguín Cid
Dª. BÁRBARA VÁZQUEZ TORRES, Padriño D. José Manuel Rodríguez Rodríguez
ENTREGA DAS DISTINCIÓNS COLEXIAIS AOS 25 ANOS DE COLEXIACIÓN
- Dª. ANA BELÉN DURÁN FERNÁNDEZ
- D. ADOLFO LIMES FERNÁNDEZ
- Dª. MARÍA JOSÉ OTERO GÓMEZ
- Dª. MARÍA SOLEDAD SANTOMÉ CORRALES
- Dª. MARÍA VICTORIA TOURIÑO COUSO
- D. EMILIO VIDAL RODRÍGUEZ
ENTREGA DAS CODEIRAS de Bronce, Prata e Ouro, aos tres mellores expedientes académicos da promoción 2019/2023 de Grado en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Dª. JESSICA FABIOLA DUQUE VICENTE Dª. ANA ISABEL GIRÁLDEZ GONZÁLEZ D. BRUNO DACOSTA FERNÁNDEZ
Recoge Dª. Mónica García Feriría
Codera de Bronce Codera de Plata Codera de Oro
Mesa presidencial, colexiados/as que xuraron/prometeron acompañados/as das súas madriñas, colexiados/as distinguidos/as, codeiras e integrantes da Xunta de Goberno
A xornada dividiuse en dúas partes: a solemne cerimonia de entrega de xuramento de novos colexiados e colexiadas, celebrada na Cidade da Xustiza de Vigo e, posteriormente, a cea de confraternidade no Hotel Vigo Os Galeóns.
Juan Agustín Herrera de la Rubia, Director Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Delaira López Anguos, Directora Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e Rosa María Alonso Aragón, Directora Provincial do Instituto Social da Mariña, participaron nos actos; así como Susana Soneira Lema, Presidenta do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, tamén asistiron outras autoridades e persoas distinguidas que quixeron acompañar aos seus compañeiros e compañeiras de Pontevedra.