ACTOS SOLEMNES INSTITUCIONAIS GRADUADOS/AS SOCIAIS DE PONTEVEDRA 2025

Vigo, 28 de novembro de 2025.- No Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, celebráronse os Actos Solemnes de Xura/Promesa das novas persoas colexiadas e incorporadas este ano; recoñecemento e entrega de distincións colexiais aos compañeiros e compañeiras que levan colexiados/as 25 anos e a entrega das Coderas de Bronce, Prata e Ouro, ás tres persoas con mellores expedientes académicos da promoción 2021/2025 de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo-Universidade de Vigo.
A secretaria, saúda e dá a benvida ás persoas que compoñen a mesa presidencial, saúda ás autoridades, persoas distinguidas, convidados e convidadas así como ao colectivo presente no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Atril: Dª. Noemí Sordo Herrero, Secretaria COGRASOP. Mesa presidencial de esquerda a dereita: Dª. María Belén Fernández Docampo, Vicedecana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo; D. José Antonio Rodríguez Fachado, Director Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra; D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente COGRASOP; D. Jacinto José Pérez Benítez, Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra; D. José Fernando Lousada Arochena, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta 1ª COGRASOP
Toma a palabra o Presidente do Colexio, Ilmo. Sr. D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde para a apertura dos Actos Solemnes, dando paso ás intervencións da Vicedecana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, Sra. Dª. María Belén Fernández Docampo; Director Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Sr. D. José Antonio Rodríguez Fachado e o Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, , Sr. D. Jacinto José Pérez Benítez, que tiveron palabras de felicitación para as novas persoas Graduados/as Sociais e para as mozas con mellores expedientes polo seu tesón e esforzo. Tamén aos compañeiros e compañeiras que recibiron as distincións polas súas 25 anos de colexiación ininterrompida, polo labor desenvolvido en todos estes anos.

PROCEDEUSE Ao ACTO SOLEMNE DE XURA/PROMESA contando coa presenza do Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ilmo. Sr. D. José Fernando Lousada Arochena como PADRIÑO da nova promoción 2025 de colexiados/as, dedicándolles unhas cariñosas palabras de benvida, sendo o encargado da clausura dos Actos.
D. Fernando Carrero Ocampo, Madriña Dª. Rosa Ana Álvarez Bastero
Dª. Irene Domínguez Fonseca, Padriño D. José Ángel Seguín Cid
Dª. Samira Faz Pozuelo, Madriña Dª. Ana de la Torre Álvarez
Dª. Paula Febreiro García, Madriña Dª. María Lourdes Quirós Eame
D. Secundino Fernández Guisande, Madriña Dª. María Cristina Martíns Fernández
Dª. María Otero Canabal, Madriña Dª. María José Rodríguez Cid
Dª. Ana Pérez Davila, Madriña Dª. Begoña Carbajal Martínez
Dª. Carla María Salgado Fernández, Madriña Dª. Brenda Senra Costas

ENTREGA DAS DISTINCIÓNS COLEXIAIS AOS 25 ANOS DE COLEXIACIÓN
Dª. Belén Alonso Gallego
D. Juan Manuel Barral Alfonso
Dª. Dulce María Crespo Domínguez
D. Juan Manuel Fandiño Álvarez
Dª. Belén Rivas Torres

ENTREGA DAS CODERAS de Bronce, Prata e Ouro, aos tres mellores expedientes académicos da promoción 2021/2025 de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Dª. Albany Celeste Álvarez Hernández
Dª. Andrea Fernández Piñeiro
Dª. Irene Gómez Costas


Mesa presidencial, colexiados/as que xuraron/prometeron acompañados/as das súas madriñas e padriños, colexiados/as distinguidos/as, coderas e integrantes da Xunta de Goberno
A xornada dividiuse en dous partes: a solemne cerimonia de entrega de xuramento de novos colexiados e colexiadas, celebrada no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra e, posteriormente, a cea de confraternidade no Liceo Casino de Pontevedra.
