Convocatoria de concentración Colectivo Graduados/as Sociais de Pontevedra
Chegou a hora de reivindicar e defender os nosos dereitos, non máis abusos por parte da Administración. Por este motivo a Xunta de Goberno na reunión mantida o día 24 de maio de 2023 ás 19:00h, propón unha concentración ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra o día 14 de xuño de 2023 ás 12:00 horas. Alí leremos un manifesto no que expoñeremos a situación que estamos vivindo dende o ano 2020 e o abuso da Administración cara o noso colectivo.
Queremos que se nos recoñeza o traballo que desenvolvemos e que a nosa labor foi fundamental durante a pandemia e non queremos que se nos exixan atribucións e traballos que debe realizar a Administración.
Por todo elo, pídoche que confirmes si vas a acompañarnos o día 14 de xuño de 2023 á concentración en Pontevedra.
De nos depende o noso futuro e a nosa saúde.