XORNADA 2023 "Luces e sombras da reforma laboral"
O Consello Galego de Relacións Laborais ven de organizar conxuntamente con este Ilustre Colexio Oficial e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, estas xornadas nas que profesionais do mundo da Xudicatura, a Universidade e a Inspección de Traballo, e de representantes das organizacións sindicais e empresariais máis representativas en Galicia, tratarán sobre o Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.
DÍA
martes, 9 de maio de 2023
HORA
De 09:30 a 13:15 horas
LUGAR
VIGO. Salón de Actos do Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria
INSCRICIÓNS
SERÁN GRATUITAS, TRAMITARANSE POR ORDE DE SOLICITUDE, ATA COMPLETAR O AFORO DENDE O 26 DE ABRIL ATA O 8 DE MAIO DE 2023.
NO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS
e-mail: formacion.cgrl@xunta.gal
A dirección da xornada está a cargo de Dª. Antía Sández Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo e de D. Raúl E. Gómez Villaverde, Presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra. Axuntámosvos o tríptico que contén o resumen da xornada e a programación da mesma.