CURSO ORATORIA PROCESUAL: COMO LOGRAR SER EFICAZ EN XUIZO

CURSO PRÁCTICO DE ORATORIA PROCESUAL. «Como lograr ser eficaz en xuízo». Perfeccionamento para o dominio de habilidades no exercicio da profesión
Tras a celebración o pasado mes de xuño do curso práctico de oratoria procesual «Do Medo ao Placer Escénico», o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra organiza unha nova formación práctica baixo o título «Como lograr ser eficaz en xuízo». O curso ten como finalidade proporcionar ferramentas e recursos para dominar a arte da comunicación, mellorar a eficacia no ámbito profesional, así como potenciar a autoestima e o desenvolvemento privado. Será os días 2 e 4 de novembro de 2026. Luns e mércores, de 16.00 a 20.00 horas; Lugar: Sede do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra só presencial
Relator: O curso será impartido por D. Daniel Formoso Vérez, avogado en exercicio, con despachos profesionais en Vigo e Lugo. Conta co Máster en Perfeccionamento en Habilidades Profesionais e da Avogacía polo ISDE (Instituto Superior de Dereito e Economía) de Madrid e é especialista en Oratoria e Comunicación con PNL e Intelixencia Emocional pola Escola Europea de Oratoria. Así mesmo, é profesor de cursos de Oratoria e Comunicación en diversos Colexios de Avogados e Universidades.
Programa e enlace Curso Oratoria
