ELECCIÓNS A PRESIDENTE DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS OFICIAIS DE GRADUADOS SOCIALES DE ESPAÑA
DECRETO DE PRESIDENTE EN FUNCIÓNS DO CGCOGSE POR MEDIO DO CAL SE CONVOCAN ELECCIÓNS A PRESIDENTE: De conformidade co previsto no artigo 69 apartados 2 e 3 dos vixentes Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais, aprobados por Real Decreto 1415/2006, do 1 de decembro, coas modificacións introducidas polo Real Decreto 503/2011, do 8 de abril, e por Real Decreto 947/2021, do 2 de novembro, e no artigo 16.1 das Normas Electorais (NE, en diante) do CGCOGSE, aprobadas coas últimas modificacións introducidas polo acordo plenario de data 24/07/2020, o presidente en funcións do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, segundo o acordo do Pleno celebrado o día 23 de outubro de 2023, CONVOCA ELECCIÓNS para o cargo de PRESIDENTE do Consello Xeral conforme as normas que se achegan, estando tamén á vosa disposición na web do Consello Xeral, en: http://www.graduadosocial.org/oecciones.htm