Firma Convenio Colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia
No día de onte, 6 de outubro, firmouse un Convenio de Colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e os Colexios Oficiais de Graduados Sociais de A Coruña-Ourense, Pontevedra e Lugo para o Servizo de Orientación Xurídico-Laboral.
A Consellería, consciente da realidade económica e social ocasionada pola situación de pandemia do Covid-19 e as incertezas e dificultades que afectan ao mantemento do Emprego e ao modo en que afecta as condicións de traballo o continuo cambio na normativa emanada do Estado e das Comunidades Autónomas, considerou a necesidade de achegar a información, orientación e asesoramento á cidadanía, e empregar como instrumentos especializados nestas actividades aos Colexios Oficiais de Graduados Sociais pola súa especialización na materia e a proximidade aos afectados.
O mencionado Convenio tamén supón unha axuda económica para sufragar en parte os gastos que de xeito altruísta veñen asumindo os Colexios e os colexiados que prestan os seus servizos gratuitamente aos cidadáns sen recursos, a través do Servizo de Asesoramento Laboral Gratuíto que, no caso de Pontevedra, opera dende 2017.
NOTA DE PRENSA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA