Sinatura Renovación Convenio de Colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o Servizo de Orientación Xuridico-Laboral
O Presidente do Colexio, D. Raúl Gómez, acuidiu á reunión convocada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Santiago de Compostela, para a publicación da renovación do convenio asinado o pasado día 10 de agosto cos Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia. Para mellor consecución do obxecto de este convenio, a Xunta de Galicia confeccionou un cartel co que dará difusión do servizo no Smac, Oficinas de Emprego, Inspección de Traballo, INSS, ISM, TGSS, Mutuas e Concellos.
Como ben saben os compañeiros e compañeiras, existe un turno que é atendido polos profesionais que se apuntaron ao mesmo de forma rotativa. A Consellería subvenciona a prestación dos costes dos honorarios do asesoramento cunha cuantía por usuario atendido. As personas colexiadas no exercizo da profesión interesadas en formar parte do turno, pode charma ao Colexio para obter máis información.