REPRESENTANTES DA XUNTA DE GOBERNO ASISTIRON Á HOMENAXE DE DESPEDIDA DO ILMO. SR. D. GERMÁN Mª SERRANO ESPINOSA

Vigo 29 de maio de 2026.-. Membros da Xunta de Gobierno, en representación do Colexio, asistiron ao acto de despedida e homenaxe ofrecida ao Ilmo. Sr. D. Germán Mª Serrano Espinosa con motivo do seu recente nomeamento como Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A homenaxe, celebrada en Vigo, reuniu a numerosos representantes da Administración de Xustiza, maxistrados/as, xuíces e xuízas, letrados/as, procuradores/as, avogados/as e autoridades, en recoñecemento á salientable traxectoria profesional e humana de quen desempeñou durante anos o cargo de xuíz decano de Vigo.
Durante o acto púxose de manifesto o cariño e respecto que cultivou ao longo da súa extensa carreira xudicial, especialmente tras máis de dúas décadas de servizo na cidade, onde desenvolveu un intenso labor institucional e xurisdiccional.
Dende o Colexio queremos destacar así mesmo a estreita e permanente relación que o Ilmo. Sr. D. Germán Mª Serrano Espinosa mantivo cos Graduados e Graduadas Sociais, colaborando sempre de xeito xeneroso e próximo en cursos de formación, relatorios, xornadas e distintos actos organizados polo Colexio.
Especial mención merece a súa participación como padriño da promoción de novos colexiados e colexiadas do ano 2010, así como a súa constante disposición para colaborar e acompañar ao colectivo profesional ao longo de todos estes anos.
Dende o Colexio queremos trasladarlle os nosos máis sinceros parabéns por este merecido ascenso profesional, así como desexarlle os maiores éxitos persoais e profesionais nesta nova etapa no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Diversos medios de comunicación fixéronse eco desta emotiva homenaxe:
