III XORNADA LABORALISTA
O Ilustre Colexio Oficial de Graduados/as Sociais de Pontevedra xunto coa Fundación Xusticia Social e o Consello Xeral de Graduados Sociais de España; organizaron a III Xornada Laboralista que terá lugar o día 10 de outubro no Salón de Grados da Facultade de Ciencias Xurídias e do Traballo da Universidade de Vigo.
Esta xornada contará coa presenza do destacado Maxistrado Decano dos Xulgados de Vigo, D. Germán María Serrano Espinosa, na que se revisará A PROBLEMÁTICA ACTUAL NA CONTRATACIÓN DE FIXOS DISCONTINUOS, tamén contará coa Maxistrada da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Dª. Concepción Esther Morales Vállez, que falará sobe A CALIFICACIÓN DO DESPIDO EN IT. INFLUENCIA DA LEI 15/2022. Ademais destas importantes intervencións, tamén se impartirá a conferencia: AS NORMAS DE DEREITO TRANSITORIO E A APLICACIÓN PRÁCTICA DAS REFORMAS DE SEGURIDADE SOCIAL, que estará a cargo de Dª. Gema Quintero Lima, profesora titular da Universidade Carlos III de Madrid, especializada en materia de Seguridade Social.
Inscricións é IMPRESCINDIBLE enviar debidamente cuberto o boletín de inscrición a: cograsop@telefonica.net.