Gallegogl
Gallegogl
Aceso de usuarios
Aceso de usuarios
Contidos da web
Área de usuarios

Novas

III XORNADA LABORALISTA PONTEVEDRA

10-10-2023
0
III XORNADA LABORALISTA PONTEVEDRA

O día 10 de outubro de 2023 tivo lugar a III Xornada Laboralista en Pontevedra, organizada polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra, a Fundación Xustiza Social coa colaboración da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.

Foi unha xornada dirixida a Graduados/as Sociais e estudantes de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e tamén a outros colectivos entre os que destacamos responsables de Recursos Humanos, Mutuas, Sindicatos e outros traballadores dos despachos de colexiados/as Graduados Sociais.

A III Xornada Laboralista desenvolveuse no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo na que actuou como moderador Pedro Antonio Pérez Santiago, Director Adxunto do Diario de Pontevedra e un elenco de relatores de alto nivel en cada un dos temas da Xornada. María Gema Quintero Lima, Profesora Titular da Universidade Carlos III de Madrid, foi a encargada de iniciar esta III Xornada Laboralista, coa impartición da conferencia sobre “As normas de dereito transitorio e a aplicación práctica das reformas de seguridade social”

gema galego

O programa deseñado tamén contou co relatorio da “A cualificación do despedimento en IT. Influencia da Lei 15/2022” impartida por Concepción Esther Morais Vállez, Maxistrada da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, seguida con gran interese polos asistentes xa que se trata dun tema de moita actualidade.

ESTHER GALEGO

Outro relatorio que espertou gran interese foi a exposición realizada por Germán María Serrano Espinosa, Maxistrado Decano dos Xulgados de Vigo, que falo sobre os “Problemática actual na contratación de fixos descontinuos”

GERMÁN GALEGO

A mesa do acto inaugural estivo integrada por Noemi Xordo Herrero, Secretaria do colexio de Graduados Sociais de Pontevedra e José Tronchoni Albert, Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.

INAUGURACION GALEGO

A Clausura destes actos correu a cargo de Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra; Susana Soneira Lema, Vicepresidenta 2º Consello Xeral Colexios Oficiais Graduados Sociais de España; Francisco José Torres Pérez, Decano Facultade Ciencias Xurídicas e do Traballo; Elena Mancha Montero de Espinosa, Directora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e Jaime Aneiros Pereira, Área de Goberno de Orzamentos e Facenda. Concello de Vigo.

CLAUSURA GALEGO

Usamos cookies có obxetivo de mellorar a experiencia dos nosos visitantes. Visita a páxina de Política de cookies para coñecer máis detalles.
Aceptar
Rexeitar
Identificación
Introduza o seu email e contrasinal para identificarse
Olvidaches a túa contrasinal?
Cancelar
Identificación fallida
O nome de usuario ou contrasinal non se corresponden con ningún dos nosos usuarios rexistrados.
Identificación correcta
Benvido/a, [usuario]
Reserva
Do you need to check a reservation that you did without registering in our website? Don't worry, we have you covered: you only need to provide the email used to create it and the reservation code.
Cancelar
Reserva non atopada
We could not find the reservation you're looking for. Maybe you made a mistake writing your email or the reservation code, you can check them and try again.
Recuperar contrasinal
Para recoupara a contrasinal, introduce o teu número de colexiado no seguinte campo:
Cancelar
Recuperar contrasinal
Si o número de colexiado está rexistrado no noso sistema, recibirá na bandexa de entrada un correo electrónico con instrucción para recuperar a contrasinal.