INAUGURACIÓN DA CIDADE DA XUSTIZA
24 de maio de 2022.- O presidente do Colexio, D. Raúl Gómez, asistiu á inauguración da Cidade da Xustiza trala transformación do antigo Hospital Xeral que albergará na planta 2ª do Anexo unha oficina para o Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra; nas plantas inferiores a xurisdición penal, mentras que nas restantes, civil, laboral e contencioso-administrativa, estarán nos pisos superiores. Por outra parte, na quinta planta situarase a Fiscalía e na sexta ubicaranse as seccións da Audiencia.
A inauguración de hoxe non conleva o inicio da actividade xudicial e é que todo o traslado da estructura humana e material desenvolverase de forma paulatina ao longo de casi sete meses, polo que, previsiblemente, non será ata 2023 cando sexa oficiosa.