XORNADA INFORMATIVA "INCAPACIDADE PERMANENTE. - Reubicación e adecuación do posto de traballo. Xestión polo Servizo de Prevención Alleo -Tramitación da prestación de incapacidade permanente, solicitude e grados.Xestión pola Mutua de Accidentes"
16-05-2025
0

Celebrada o 15 de maio na sede colexial, xunto con Quirónprevención, e Asepeyo, mutua colaboradora coa Seguridade Social, na que se tratou a valoración que se realiza desde os Servizos de Prevención de Riscos Laborais da capacidade funcional dunha persoa traballadora que teña recoñecida algunha limitación ou incapacidade para adaptar o seu posto de traballo ou reubicalo, e un achegamento á modificación do artigo 49.1.e do ET., incluíndo a visión desde a Mutua de aqueles casos que lle poidann xurdir ás empresas.
No caso de querer visualizar a xornada de novo, enviar cuberto e asinado o documento de aceptación das condicións do contido multimedia a cograsop@telefonica.net