Inauguración da exposición "O PODER DA PALABRA 40 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA 1981-2021"
Hoxe o noso Ilustre Colexio Oficial de Graduados e Graduadas Sociais de Pontevedra, tras recibir a invitación do Presidente do Parlamento de Galicia, representado pola Vicepresidenta 2ª Dª. Sandra Cid Conde, está presente na apertura da exposición "O poder da palabra, 40 anos do Parlamento de Galicia 1981-2021", sendo o Presidente do Parlamento, D. Miguel Ángel Santalices; a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Dª. Marité Cores; e o comisario da mostra, D. Ramón Villares, os encargados/as de realizar dita apertura.
A mostra "O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia/ 1981-2021" fai un percorrido polas catro décadas da vida de esta institución e, a súa vez, inclúe materiais relacionados coa configuración da autonomía galega.