XORNADA INFORMATIVA "A relación laboral despois da declaración dunha IP: extinción ou axuste necesario"

Celebrada o 05 de xuño na sede colexial e á vez retransmitida on-line, a xornada formativa "A relación laboral despois da declaración dunha incapacidade permanente: extinción ou axuste necesario" contado para iso con D. José Ignacio Díaz Lucas, Director territorial de Fraternidade-Muprespa e como relatora con Dª. Ana Lorenzo Cárdenes, Coordinadora do departamento de prestacións económicas de Fraternidade-Muprespa; ambos estiveron acompañados por Dª. Noemí Sordo Herrero, Secretaria de COGRASOP que presentou e moderou a xornada.
Durante a exposición profundouse nas modificacións introducidas pola Lei 2/2025 do 29 de abril en materia de incapacidade laboral así como, as obrigacións e funcións das principais partes implicadas: Mutuas, traballadores, empresas, Servizos de Prevención e Instituto Nacional da Seguridade Social.