IV XORNADA LABORALISTA
O día 10 de outubro, no Salón de Grados da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, terá lugar a celebración da cuarta edición da XORNADA LABORALISTA, organizada polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra xunto coa Fundación Xustiza Social e colaboración da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Esta xornada contará coa presencia da destacada Maxistrada emérita do Tribunal Supremo e expresidenta da Sala Cuarta, Dª. Rosa María Virolés Piñol, na que se realizará un EXÁMEN PRÁCTICO DE INNOVACIÓNS PROCESUAIS, e os Maxistrados da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. José Fernando Lousada Arochena, que falará sobre RESPONSABILIDADE EMPRESARIAL EN MATERIA DE ACOSO LABORAL E MOBBING e D. Ricardo Pedro Ron Latas impartirá o relatorio: INCAPACIDADE PERMANENTE E TRABALLO