Gallegogl
Gallegogl
Aceso de usuarios
Aceso de usuarios
Contidos da web
Área de usuarios

Novas

IV XORNADA LABORALISTA PONTEVEDRA

11-10-2024
0
IV XORNADA LABORALISTA PONTEVEDRA

O día 10 de outubro de 2024 tivo lugar a IV Xornada Laboralista en Pontevedra, organizada polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra, a Fundación Xustiza Social coa colaboración da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.

Foi unha xornada dirixida a Graduados/as Sociais e estudantes de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e tamén a outros colectivos entre os que destacamos responsables de Recursos Humanos, Mutuas, Sindicatos e outros traballadores dos despachos de colexiados/as Graduados Sociais.

A IV Xornada Laboralista desenvolveuse no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo na que actuou como moderadora Dª. Andrea Estévez Antonio, Redactora do Atlántico Diario e un elenco de relatores de alto nivel en cada un dos temas da Xornada. Dª. Rosa María Virolés Piñol, Maxistrada emérita do Tribunal Supremo. Expresidenta da Sala Cuarta, foi a encargada de iniciar esta IV Xornada Laboralista, coa impartición da conferencia sobre “Exame Práctico de Innovacións Procesuais”

  

O programa deseñado tamén contou co relatorio sobre a “Responsabilidade Empresarial en Materia de Acoso Laboral e Mobbing” impartida por D. José Fernando Lousada Arochena, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, seguida con gran interese polos asistentes xa que se trata dun tema de moita actualidade.

  

Outro relatorio que espertou gran interese foi a exposición realizada por D. Ricardo Pedro Ron Latas, Subdirector Xeral do Valedor do Pobo. Director técnico da Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante. Profesor Titular de Dereito do Traballo e Seguridade Social UCD en excedencia, que falou sobre a “Incapacidade Permanente e Traballo”

   

A mesa do acto inaugural estivo integrada por Dª. Mª Belén Fernández Docampo, Vicedecana de Relacións Laborais e Recursos Humanos e coordinadora do Grado; D. Manuel Núñez Carreira, Secretario Xeral da Fundación Xustiza Social e Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo; D. José Tronchoni Albert, Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia; Dª. Eva Torrecilla Hernández, Directora da Fundación Xustiza Social e D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.

 

A Clausura destes actos correu a cargo de Dª. Mª Belén Fernández Docampo, Vicedecana de Relacións Laborais e Recursos Humanos e coordinadora do Grado; D. Francisco José Torres Pérez, Decano Facultade Ciencias Xurídicas e do Traballo e D. Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.

Usamos cookies có obxetivo de mellorar a experiencia dos nosos visitantes. Visita a páxina de Política de cookies para coñecer máis detalles.
Aceptar
Rexeitar
Identificación
Introduza o seu email e contrasinal para identificarse
Olvidaches a túa contrasinal?
Cancelar
Identificación fallida
O nome de usuario ou contrasinal non se corresponden con ningún dos nosos usuarios rexistrados.
Identificación correcta
Benvido/a, [usuario]
Reserva
Do you need to check a reservation that you did without registering in our website? Don't worry, we have you covered: you only need to provide the email used to create it and the reservation code.
Cancelar
Reserva non atopada
We could not find the reservation you're looking for. Maybe you made a mistake writing your email or the reservation code, you can check them and try again.
Recuperar contrasinal
Para recoupara a contrasinal, introduce o teu número de colexiado no seguinte campo:
Cancelar
Recuperar contrasinal
Si o número de colexiado está rexistrado no noso sistema, recibirá na bandexa de entrada un correo electrónico con instrucción para recuperar a contrasinal.