XORNADAS 2023: “LUCES E SOMBRAS DA REFORMA LABORAL”
O Consello Galego de Relacións Laborais, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Uvigo e este Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, celebran o 9 de maio no Salón de Actos do Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo, as Xornadas “Luces e Sombras da Reforma Laboral”, nas que profesionais do mundo da Xudicatura, a Universidade, a Inspección de Traballo, e de representantes das organizacións sindicais e empresariais máis representativas en Galicia, tratarán sobre a Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.
A dirección xeral está a cargo de Dª. Antía Sández Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo e de D. Raúl E. Gómez Villaverde, Presidente do Colexio; Javier Rego Martínez, intervén como moderador dunha dos relatorios a cargo de Inspección de Traballo.