XORNADAS 2023: “PUNTOS QUENTES NOS PROCESOS DE NEGOCIACIÓN E NO REXISTRO DOS PLANS DE IGUALDADE”
28-09-2023
0
Onte día 27 de setembro, o Colexio xunto co Consello Galego de Relacións Laborais, celebramos en Pontevedra, as xornadas sobre Puntos quentes nos procesos de negociación e no rexistro dos plans de igualdade, cos seguintes relatorios:
- DESPEXANDO DÚBIDAS EN MATERIA DE REXISTRO (REGCON) María Carmen Sixto Vilas. Xefa de Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
- NEGOCIANDO OS PLANS DE IGUALDADE Representantes de CIG, SN de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, e da CEG
- A MEDIACIÓN COMO AVANCE NOS PLANS DE IGUALDADE Mónica González Otero. Mediadora do AGA
- A ACTUACIÓN INSPECTORA NOS PLANS DE IGUALDADE Beatriz Sueiro Padín. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
A dirección estivo a cargo de Dª. Antía Sández Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais e D. Raúl E. Gómez Villaverde, Presidente do Colexio.