XORNADA "O obxectivo da regulación da insolvencia. A atribución de competencias ao Xuíz do concurso no ámbito laboral despois da reforma pola Lei 16/2022, de 5 de setembro"
O Ilustre Colexio Oficial de Graduados/as Sociais de Pontevedra, organizou a seguinte xornada de asistencia presencial e on-line: O obxectivo da regulación da insolvencia. A atribución de competencias ao Xuíz do concurso no ámbito laboral despois da reforma pola Lei 16/2022, de 5 de setembro que será impartido por Dª. Amelia María Pérez Mosteiro, Maxistrada da Sala do Mercantil nº3 Vigo, o día 18 de maio (xoves) ás 19:00h.
É posible adiantar as consultas, enviándoas ao correo electrónico da administración do Colexio: cograsop@telefonica.net para a súa posterior resolución durante a xornada.
Inscricións é IMPRESCINDIBLE enviar debidamente cuberto o boletín de inscrición xunto co xustificante de transferencia, si é o caso, a: cograsop@telefonica.net.
- Colexiado/a 0€
- Precolexiado/a 0€
- Empregado/a de colexiado/a ou socio/a de exercente libre (achegando TC2) 0€
- Estudante RR LL e RR HH. (achegando copia matrícula) 0€
- Outros/as 20€
Transferencia Banco Santander: ES25 0075 8902 10 0600627679 . IMPORTANTE: No Asunto DEBE constar o nome do alumno/a e acción formativa da que se trata.