MICROCREDENCIAIS EN DEREITO PROCESUAL LABORAL

A área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo en colaboración co Colexio organizaron TRES CURSOS DE MICROCREDENCIAIS SOBRE DEREITO PROCESUAL LABORAL de 30 horas cada un, DIRIXIDO FUNDAMENTALMENTE A GRADUADOS E GRADUADAS SOCIAIS A CUSTO 0€.
- PRIMEIRA MICROCREDENCIAL: O PROCESO ORDINARIO (febreiro 2026)
- SEGUNDA MICROCREDENCIAL: OS PROCESOS ESPECIAIS (marzo 2026)
- TERCEIRA MICROCREDENCIAL: MEDIOS DE IMPUGNACIÓN, RECURSOS E PROCESOS DE EXECUCIÓN (abril 2026)
A docencia será mixta (presencial na sede colexial impartida por Maxistrados/as e Graduados/as Sociais; virtual Campus remoto impartida por docentes da Universidade de Vigo) e as sesións os martes e xoves en horario de tarde de 16:00-20:00 h.
Axúntase o cartel e link coa información da Universidade de Vigo sobre a primeira das microcredenciais relativa ao proceso ordinario, así como un apartado sobre preinscrición e matrícula para facer os trámites oportunos:
https://cpfp.uvigo.gal/es/estudios/titulos-propios/id1260-1/
