WEBINAR. Xestión en prevención en PEMES e sensibilización para a prevención do acoso psicolóxico, sexual e por razón de sexo no entorno laboral"
O Ilustre Colexio Oficial de Graduados/as Sociais de Pontevedra, organizou a seguinte webinar asistencia on-line: Xestión en prevención en PEMES e sensibilización para a prevención do acoso psicolóxico, sexual e por razón de sexo no entorno laboral que será impartida por Dª. María Dolores Rodríguez Díaz, Enxeñeiro Técnico Industrial e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades. Formador de FREMAP e D. David Piélago Solís, Licenciado en Psicoloxía do Traballo e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades. Formador de FREMAP, o día 31 de outubro (xoves) ás 12:00h cunha duración de 90 minutos.
Inscricións é IMPRESCINDIBLE enviar debidamente cuberto o boletín de inscrición a: cograsop@telefonica.net.
- Colexiado/a 0€
- Precolexiado/a 0€
- Empregado/a de colexiado/a ou socio/a de exercente libre (achegando TC2) 0€
- Estudante RR LL e RR HH. (achegando copia matrícula) 0€
- Outros/as 0€