IDONEIDADE DO GRADO DE RRLL E RRHH, ASÍ COMO OS DEMÁIS TÍTULOS ACCESO PROFESORES FOL
Hoxe 10 de xullo en Santiago de Compostela, o presidente do Colexio reuniuse co Subdirector Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Na devandita reunión expúxoselle a inquietude do noso Colexio en tanto en cando non se incluíu a diplomatura de Graduado Social nas oposicións ao corpo de profesores de educación secundaria da materia de formación e orientación laboral (FOL).
Por parte da Consellería transmitíronnos que, o acceso ás oposicións da materia de FOL será para todos os Graos, Doutor e Licenciados Universitarios que estean en posesión do curso de adaptación pedagóxica e tamén para as titulacións específicas que sinala o ANEXO V do RD 276/2007, neste anexo V si está incluída a diplomatura de relacións laborais pero non está incluía a diplomatura de Graduado Social, ademais doutras diplomaturas como son as de diplomado de ciencias empresariais diplomado en traballo social diplomado en educación social e diplomado en xestión e administracións públicas.
Por parte deste Colexio manifestóuselle que a titulación de diplomado Graduado Social xunto coa de Relacións Laborais é a idónea para dar esta materia, pero a Consellería de Educación sinala que só dá cumprimento ao que reflicte este RD.
Para concluír só cábenos poñer isto en coñecemento do Consello Xeral para que o transmita ao Ministerio de Educación e neste anexo V inclúase a titulación de Diplomado de Graduado Social.