Reunión Mutua Universal
31-03-2022
0
Ao longo desta mañá do 31 de marzo de 2022, celebrouse unha nova reunión de traballo nas instalacións da Mutua Universal situadas na R/ Pizarro en Vigo, co fin de dar continuidade ás reunións previstas coas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social. Por parte do noso Colexio estiveron presentes Dª. Mercedes Vexa, Vicepresidenta e Dª. Noemí Sordo, Secretaria; que foron recibidas por D. Carlos Traveso, Director de Representación da Mutua Universal.