Reunión coa Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego
A pedimento de D. Raúl Gómez Villaverde, Presidente do Colexio, celebrouse hoxe venres día 13 de xaneiro unha reunión en Santiago de Compostela coa Secretaria Xeral de Apio ao Emprego en relación á convocatoria de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade “IMPACTO AUTONOMO”, para manifestar o descontento do Colectivo en relación á hora do inicio do trámite da axuda.
Desde o noso colectivo entendemos que é moi difícil conciliar a vida laboral e familiar e cumprir a lei de desconexión dixital se por parte da administración ábrense os prazos para presentar subvencións por concorrencia ás 12 da noite. É por iso polo que puxemos en coñecemento da Consellería esta cuestión, mostrándose esta comprensiva, comprometéndose a iniciar os prazos en horario laboral do persoal da Xunta de Galicia, é dicir ás 8:00; Convocar ao Colexio para unha reunión informativa antes de publicar estas axudas e subvencións e estudar a posibilidade, en caso de esgotamento do orzamento, dunha ampliación do mesmo.
Agradecer á Consellería o seu interese por corrixir estas incidencias