Sinatura do acordo de colaboración con Ibermutua Gallega
Sinatura na Sede Colexial do Acordo de Colaboración con Ibermutua, Mutua colaboradora coa Seguridade Social, cuxo fin é o de facilitar a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás prestacións responsabilidade da Mutua, a través de distintos canles de comunicación.
O documento subscrito prevé o intercambio de información entre profesionais de ambas entidades para a posta o día das novidades en materia de xestión da Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua.
Ademais, ámbalas partes colaboraran na organización de xornadas relativas á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua. Estas sesións irán dirixidas aos colexiados/as protexidos por Ibermutua do ámbito de actuación do Colexio e aos recentemente graduados/as en Relacións Laborais e Recursos Humanos incorporados/as ao Colexio.
Ibermutua tamén porá a disposición do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra a documentación específica en materia de xestión da Seguridade Social e informará de tódalas novidades normativas relativas a esta materia.
O convenio foi subscrito na tarde de onte por Raúl Eugenio Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra e por Javier Flórez Arias, Director Territorial de Ibermutua gallega. Na sinatura estiveron presentes tamén Noemí Sordo Herrero e Mercedes Vea Vázquez, Responsables da comisión de relacións coas mutuas e Alejandra Garrido, Subdirectora territorial de Ibermutua gallega.