Reunión na XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA – CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE, en relación ao funcionamento da oficina do SMAC de Vigo
19-10-2022
0
O presidente do Colexio reúnese con Dª. Marta Mariño Regueira, Xefa Territorial de Pontevedra para informar das posibles incidencias e intentar solucionar o precario servizo que ten a oficina do SMAC de Vigo. Onde debería haber como mínimo tres letrados, tres administrativos e un ordenanza, neste momento soamente conta con dous letrados e un administrativo, o que conleva que o servizo non teña todas as garantías. Dende a xefatura expresaron que o porán en coñecemento da Dirección Xeral de Relacións Laborais en Santiago de Compostela e nos comunican que realicemos un escrito de queixa a esa Dirección.