O COLEXIO ASISTE Á TOMA DE POSESIÓN DO NOVO PRESIDENTE DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS OFICIAIS DE GRADUADOS/AS SOCIAIS DE ESPAÑA
Na mañá do martes 7 de maio, Sandra Cid Conde, Vicepresidenta 2ª do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra; asistiu á toma de posesión do novo Presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, Joaquín Merchán Bermejo ante a vicepresidenta 2ª do Goberno de España e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz Pérez
Durante o evento, Joaquín Merchán dirixiuse á ministra para enfatizar a necesidade de elaborar o "Estatuto das persoas traballadoras do siglo XXI" e pediu que se conte coa opinión dos graduados/as sociais como expertos en Dereito do Traballo, Seguridade Social e Recursos Humanos. Yolanda Díaz comprometeuse a contar con este colectivo cando se aborde a reforma do actual Estatuto.
Asimesmo, o presidente asegurou que tanto os graduados/as sociais como os profesionais que traballan nos seus despachos están "desconcertados e extenuados ante unha forma de lexislar, publicar e implementar unhas normas que é insostenible na forma e no fondo e que vulnera o dereito á desconexión dixital e á conciliación que vimos reivindicando dende fai tempo e ao que non imos a renunciar porque creemos que é de xustiza".
Joaquín Merchán pediu "que se tome exemplo do Ministerio de Xustiza de España, onde a participación se rixe por un modelo de cogobernanza que permite a diversos colectivos profesionais, tanto do ámbito público como privado, intervindo na elaboración de novas disposicións legais e no desenvolvemento de ferramentas destinadas ao serivzo de xustiza". Con esta petición, Merchán busca reforzar a vocación de servizo á cidadanía dos graduados/as sociais e ampliala coa participación do colectivo na administración da xustiza gratuita e o recurso de casación ante o Tribunal Supremo que tamén reclamou, así como manter un diálogo aberto entre o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o Ministerio de Traballo e Economía Social e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España.
Para visualizar o video da retransmisión de este acto, pincha no seguinte enlace: