WEBINAR. Enfermidade profesional
Onte día 09 de maio tivo lugar a webinar “ENFERMIDADE PROFESIONAL”, coa participación de D. Carlos Retamar Yague, Responsable da Área de Prestacións de Enfermidades Profesionais de FREMAP.
Durante a xornada abordouse as diferencias e especialidades da enfermidade profesional respecto ao accidente de traballo, profundando no seu concepto, forma, prazos e consecuencias da comunicación do parte electrónico de enfermidade profesional; así como, nas diferentes obrigacións e dereitos que, ante o seu suceso, xorden para traballadores, empresas, servizos de prevención e outras entidades.
Noemí Sordo, secretaria da Xunta de Goberno xunto con Carlos Llanos, Director Rexional de Galicia de Fremap, foron os encargados de presentar e acompañar dende a sede colexial ao relator, Carlos Retamar