XORNADA ORGANIZADA POR AJE PONTEVEDRA E COGRASOP
Este Colexio e AJE PONTEVEDRA vimos de organizar conxuntamente unha XORNADA para a tarde do día 27 de outubro (xoves) ás 19:00 horas no Salón de actos do Edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra (rúa Benito Corbal, nº.47) para tratar a nova regulación empregada de fogar cunha perspectiva xurídica e de xestión, e que terá como relatora a GRADUADA SOCIAL, Dª. Verónica García Fernández. Tamen trataránse as novidades da reforma do réxime de autónomos 2023, aplicación da cotización por rendemento neto e como relator a D. Raúl Gómez Villaverde, GRADUADO SOCIAL, Presidente do Colexio.
Con este traballo conxunto entre ambas entidades, damos cumprimento ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de agosto, polo que acordamos impartir unha acción formativa para os asociados de AJE Pontevedra co fin de dar a coñecer aos mesmos, un tema específico en materia laboral.
Esta XORNADA é GRATUÍTA, MODALIDADE PRESENCIAL podes inscribirte enviando CUBERTO O BOLETÍN DE INSCRICIÓN axunto ao correo cograsop@telefonica.net.