Xornada "Conciliación e adaptación da Xornada. Unha viaxe cara a corresponsabilidade"
23-06-2021
0
Onte día 23 de xuño continuando coa programación da formación do Colexio para o segundo trimestre do ano; celebrouse de forma presencial e á vez retransmitida por streaming a xornada “Conciliación e adaptación da xornada. Unha viaxe cara a corresponsabilidade”, na que se contou como relator con D. Germán Mª. Serrano Espinosa, Decano Xulgados de Vigo. Maxistrado-Xuíz da Sala nº2 dos Xulgados do Social de Vigo. Durante a exposición estivo acompañado por D. Javier Rego Martínez, Vocal da Xunta de Goberno e que actuou como moderador da xornada.