Xornada "Novidades na lexislación laboral en materia de igualdade". Colabora Grupo Isonor
09-06-2021
0
O pasado día 09 de xuño, o Colexio organizou coa colaboración do Grupo Isonor a xornada “Novidades na lexislación laboral en materia de igualdade”; dando continuidade coas actividades de xeito presencial na sede colexial e de xeito simultáneo en modo on-line.
A formación estivo a cargo de Dª. Carolina Álvarez Landesa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social e Xefa de Equipo. Inspección Provincial de Traballo e Seguridade, xunto con Dª. Cristina Pérez Vázquez, Directora de Recursos Humanos e Consultora de Grupo Isonor; que estiveron acompañadas por D. Jorge Juan González Cuenca, Director Xeral do Grupo Isonor e por D. Raúl E. Gómez Villaverde, Presidente do Colexio.