XORNADA INFORMATIVA. Nóminas e seguros sociais e contrato. Dende un punto de vista telemático
07-06-2024
0
Onte día 06 de xuño na sede colexial tivo lugar a xornada informativa “NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS E CONTRATO. Dende un punto de vista telemático”, coa participación de D. Javier Landín Iribarren, Director Técnico Landín Informática S.L.
Durante a xornada realizouse unha presentación xeral do programa A3asesor e se abordou puntos sobre a descarga de convenios colectivos, alta de empresas e centros, envío de contratos á firma, cálculo de nóminas mensuais, liquidacións, informes de brecha salarial etc.
Javier Rego Martínez, vocal da Xunta de Goberno, foi o encargado de presentar e acompañar ao relator, Javier Landín Iribarren