XORNADA "A Reforma Laboral do Real Decreto-Lei 32/2021 de 28 de decembro"
Na tarde do día 24 de febreriro de 2022 desenvolveuse no Colexio, tanto de xeito presencial na sede colexial e de xeito ON-LINE, a Xornada sobre "A Reforma Laboral do Real Decreto-Lei 32/2021 de 28 de decembro", na que se contou como relator con D. Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e de Seguridade Social da Universidade de Vigo. Durante a exposición estivo acompañado por D. Raúl E. Gómez Villaverde, Presidente; que actuou como moderador da xornada entre os asistentes.
Foi unha xornada na que se contou cunha moi alta participaicón e cuio fin foi a análise da reforma laboral tras a publicacion do Real Decreto-Lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.