Xunta xeral anual ordinaria
COGRASOP
		26-03-2021
		
	
Celebrada na Sede Colexial Xunta Xeral Anual Ordinaria, conforme ao establecido no artigo 58 da Orde do 1 de setembro de 2008, pola que se aproban os Estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, desenvolvéndose de acordo ó seguinte ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da Xunta ordinaria anterior.
 - Exposición polo Presidente da actuación e desenvolvemento do Colexio durante o ano anterior, e do estado no que se atopan as xestións realizadas en defensa dos intereses dos colexiados e colexiadas.
 - Exame e aprobación, se é o caso, da Memoria Anual 2020
 - Exame e aprobación, se é o caso, do balance e conta anuais de ingresos e gastos 2020
 - Exame e aprobación, se é o caso, dos orzamentos para o exercicio 2021
 - Proposicións, rogos e preguntas dos colexiados e colexiadas
 
