Xunta Xeral Anual Ordinaria 2023
30-03-2023
0
Na tarde do 30 de marzo, celebrouse na Sede Colexial a Xunta Xeral Anual Ordinaria, conforme ao establecido no artigo 58 da Orde do 15 de outubro de 2021, pola que se aproban os Estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, desenvolvéndose de acordo ó seguinte ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da Xunta ordinaria anterior
- Exposición polo Presidente da actuación e desenvolvemento do Colexio durante o ano anterior, e do estado no que se atopan as xestións realizadas en defensa dos intereses dos colexiados e colexiadas
- Exame e aprobación, se é o caso, da Memoria Anual 2022
- Exame e aprobación, se é o caso, do balance e conta anuais de ingresos e gastos 2022
- Exame e aprobación, se é o caso, dos orzamentos para o exercicio 2023
- Proposicións, rogos e preguntas dos colexiados e colexiadas