Reunión coa dirección provincial do SEPE de Pontevedra
O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra asinou un acordo de colaboración Provincial co SEPE, para as posibles incidencias xenéricas que teñan os clientes dos nosos despachos. Para elo tódolos colexiados e colexiadas exercentes libres e de empresa deben presentar as consultas por correo electrónico ao e-mail: cograsop@telefonica.net, para evitar o colapso de este novo sistema, cada colexiado/a poderá realizar un máximo de 2 consultas semanais.
Para elo é imprescindible indicar:
- Número de colexiado/a
- Datos da consulta a realizar
Estas consultas, ou incidencias, deben ser por cuestións colectivas para non infrinxir a Lei de Protección de Datos de carácter persoal, a que nos impide tratar datos persoais do traballador.
A modo de exemplo:
Poderase consultar que os traballadores dunha empresa “X” non cobraron un período de actividade, ou que non se lles abonou a prestación. Pero non se poderá preguntar por qué a un traballador se lle ingresou de menos, estes son datos de carácter persoal e non podemos tratalos.
Para estas situacións individuais, a solución que propón o Colexio é realizar un FORMULARIO DE PRE-SOLICITUDE.
Con este acordo dáse resposta a tódalas incidencias que podemos ter nos nosos despachos dunha forma rápida e eficaz. Dende a Dirección Provincial do SEPE van a crear un canal de comunicación entre o Colexio e o propio Organismo Autonómico.
Por outra banda, tamén se asinou un CANAL DE FORMACIÓN profesional no cal se intercambiará información entre o Colexio e o SEPE para facilitar trámites, para ceder documentación, realizar accións formativas, e para establecer criterios de xestión a nivel estatal.
Por último, desenvolveránse distintas webinars en canto o Colexio teña os medios telemáticos preparados, nos cales estamos traballando para a creación dunha páxina web con sistema de Streaming, o que supón un gran esforzo nos recursos do noso Colexio.
Este sistema que nos vai facilitar realizar accións formativas on-line, esperemos que estea dispoñible nos vindeiros 45 días.
MODO DE USO VÍNCULO DE PRE-SOLICITUDE
Para as cuestións persoais debemos entrar no vínculo seguinte (https://sede.sepe.gob.es/SolicPrestIndividualWeb/flows/solicitud?execution=e1s1) poñer os datos do traballador, e no despregable sinalar a incidencia da prestación en cuestión. Posteriormente indicar se é unha falta de pago, unha denegación do pago, domiciliación, períodos de actividade concretos, número de fillos, un posible embargo da prestación, ou calquera outra cuestión que teña que ser xestionada e autorizada polo propio traballador.
Por último, indicarlles que o Colexio está a vosa disposición para calquera tipo de dúbida.